Estás en:A cultura é un dereito Xornada IX I Congreso de Teatro Amador

Xornada IX I Congreso de Teatro Amador

22 e 23 de outubro de 2021

Auditorio I.E.S. ROSALÍA MERA

Comisaria da xornada: Josefa Deibe Pico

Colabora: Federación de Teatro Amador Galego – AMATEGA

 

O I Congreso deTeatro Amador organizado pola Deputación de A Coruña, en colaboración coa Federación de Teatro Amador Galego AMATEGA, ten por principal obxectivo poñer o foco no teatro amateur, un axente cultural integrador que facilita a participación activa da cidadanía na Cultura e que aporta actividade cultural a aqueles municipios que doutro xeito terían carencias.

Participarán no Congreso diferentes persoeiros de dilatada experiencia no sector e nos seus respectivos campos de actuación que nos farán entender mellor como nacen e se desenvolven os grupos de teatro amador, cal é a situación do sector en Galicia, a nivel nacional e internacional, cales son as súas principais reivindicacións, os seus grupos e federacións e as súas principais carencias. O Congreso contará tamén coa participación de federacións autonómicas de teatro amador doutras rexións de España que, nunha mesa redonda sobre a situación do sector nas autonomías, falarán e debatirán sobre o apoio institucional nos territorios e o impacto que tivo e está a ter a pandemia da Covid-19 nas súas respectivas rexións e cales son as súas estratexias para os próximos meses de reactivación da actividade cultural.

Debido a que o aforo é limitado por mor da situación sanitaria, todas as intervencións retransmitiranse en streaming a través da canle de Youtube Cultura Deputación da Coruña.

Tamén contaremos cun servizo de interpretación de lingua de signos.

Os relatores terán un tempo máximo de exposición de 25 minutos. O tempo restante será para intervencións do público.

PROGRAMA

VENRES 22

18:15 a 18:50 h. Acreditación dos asistentes.

19:00 a 20:00 h. Representación da obra teatral Animais de Compañía de Fernando Castro Paredes a cargo do grupo Farándula Velutina.

SÁBADO 23

MAÑÁ

9:30 a 9:40 h. Benvida e recepción das autoridades. Presentación a cargo de Xurxo Couto, Deputado de Cultura da Deputación de A Coruña e de Josefa Deibe Pico, comisaria do Congreso e Presidenta da Federación de Teatro Amador Galego AMATEGA.

9:40 a 10:20 h. O teatro amador na encrucillada do século XXI. Función social e cuestións de estética e dramaturxia. Afonso Becerra Arrojo, dramaturgo e director da Revista Galega de Teatro.

10:20 a 11:00 h.  La relevancia del teatro amateur y sus necesidades normativas. José María García-Luján, actor e director.

11:00 a 11:20 h. PAUSA

11:20 a 12:00 h. “Abre o pano dos ollos”. Antón Cortizas Amado, escritor de Literatura Infantil.

12:00 a 12:40 h. Os espazos do teatro amador. Importancia das asociacións dentro do sector Josefa Deibe Pico, comisaria da xornada e presidenta da Federación de Teatro Amador Galego AMATEGA.

12.40 a 13.20 h. Aproximación a unha historia do teatro amador galego.  Artur Trillo, actor e director.

13:25 h. Peche da sesión de mañá.

TARDE

16:30 h.  Apertura da sesión de tarde.

16:35 h. a 16:50 "Actúa": La unión de esfuerzos en pro del teatro amateur. Miguel Lucas Ibañez, presidente de ACTÚA Confederación de Teatro Amateur.

16:50 h. a 18:30 h. Consecuencias da COVID-19 no teatro amador e outras eivas. Pasos das Federacións na busca de solucións para o sector. Mesa redonda con:

  • Miguel Lucas Ibañez-presidente da Federación de Teatro Amateur da C.A. de Navarra (FTAN).
  • Antonio Borrás Mateu, presidente de GEST Plataforma Balear de Teatre Amateur .
  • Matías González Pinos, presidente da Federación de Teatro Amateur da C.A. de Valencia (FTACV).
  • Javier Figueras Ocaña, presidente da Federación de Teatro Amateur da C.A. de Madrid (FETAM).
  • Margarita Jornet Blanch, en representación da Federación de Teatro Amateur da C.A. de Cataluña (FGTAC).
  • Josefa Deibe Pico, presidenta da Federación de Teatro Amador Galego (AMATEGA).

Os últimos 20 minutos serán para as intervencións do público.

18:30 a 18:45 h. Peche.

19:00 a 20:30 h. Visita cultural guiada A Coruña teatral, Secret Galicia (número limitado de prazas).

21:00 Despedida