Xornada VIII A igualdade cultural (tamén) é un dereito
24 e 25 de setembro de 2021
Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Santiago de Compostela
Comisaria das xornadas: Clara Rodríguez Cordeiro
A pesar de que as mulleres sumamos o 51,73% da poboación galega, acceder a unha programación cultural diversa e paritaria, na que poder coñecernos e recoñecernos, continúa a resultar, cando menos, complexo. Desde este contexto, as presentes xornadas queren primeiramente defender a urxencia de apostar pola igualdade cultural como dereito, subliñando o inaceptable de continuar a amosar e apoiar unha programación cultural maioritariamente masculina e masculinizada.
A ausencia de mulleres artistas xa non pode, nin debe, ser unha excusa. Tanto na literatura, como nas artes visuais, o deseño ou a música, destaca a gran variedade e calidade das creadoras galegas e, por iso, a nosa proposta formula unha programación totalmente conformada por mulleres, desde unha mirada feminista, integral e multidisciplinar da realidade contemporánea.
Ao redor de dous bloques temáticos e, en dous días consecutivos, abordaremos as dificultades e eivas do noso sector pero tamén as posibilidades individuais e colectivas de resistencia. Debatiremos tamén arredor de temas centrais da axenda feminista, como as maternidades ou os coidados, totalmente alleos aínda ao ámbito profesional, e achegarémonos a diversas propostas creativas da nosa contemporaneidade.
PROGRAMA
VENRES 24 DE SETEMBRO
Bloque 1. A creación será feminista ou non será.
16:00 a 16:30 h. Apertura da xornada. Benvida e presentación a cargo de Xurxo Couto, Deputado de Cultura da Deputación da Coruña, e de Clara Rodríguez Cordeiro, comisaria da xornada.
16:30 a 17:30 h. Poñer a lingua no centro: creación e feminismos fronte ás hexemonías, coloquio entre Eli Ríos e Eva Mejuto.
17:30 a 18:30 h. A cultura como campo de batalla: da violencia patriarcal á resistencia creativa. Panel de experiencias multidisciplinares con:
- Alexandra Vásquez Rei, Corentena Producións, asociación audiovisual.
- Diana Sieira, actriz.
- Uqui Permui, deseñadora.
18:30 a 19:00 h. Pedrada, performance de danza e música a cargo de Marcia Vázquez e Pau Herrero.
19:00 a 19:20 h. Pausa
19:20 a 21:00 h. O colectivo como lugar: visibilidade, denuncia e redes de apoio. Mesa de debate con:
- Modera Sonia Vizoso, xornalista.
- Ana G. Liste, Xornalistas Galegas.
- Chelo Loureiro, CIMA Galicia.
- Eli Ríos, A Sega.
- Marcia Vázquez, 85C.
- Pau Herrero, 85C.
SÁBADO 25 DE SETEMBRO
Bloque 2. O persoal... é política cultural.
10:00 a 10:30 h. A Aldea das Mulleres, intervención escénica a cargo da actriz Carmen Conde
10:30 a 12:00 h. Maternidades creativas: enfoques e relacións entre o laboral, a precariedade e os coidados. Mesa de debate con:
- Modera María Lado, poeta.
- Anxela Caramés, crítica de arte.
- Su Garrido Pombo, música.
- Raquel Oitavén, artista de circo.
- Diana Rodeiro "Nana", artista urbana.
- Iria Pinheiro, actriz.
12:00 a 12:15 h. Pausa
12:15 a 13:45 h. Vencendo o síndrome da impostora: feminismos e relatos da creación actual. Panel de experiencias multidisciplinares con:
- Antía Yañez, escritora.
- Rebeca Lar, artista plástica.
- Bea Lema, ilustradora.
- Pauliña, música.
13:45 a 14:00 h. A igualdade cultural (tamén) é un dereito. Presentación da intervención da artista plástica María Meijide e peche.
Actividades paralelas:
A artista María Meijide desenvolverá durante os dous días unha acción pictórica acompañando o proceso discursivo da xornada e articulando, a modo de work-in-progress, unha intervención que se poderá visitar in situ e compartir posteriormente en redes sociais. Tamén de xeito continuado, a cooperativa Gaia Ecocrianza habilitará un espazo para facilitar a conciliación das asistentes e a fotógrafa feminista Charo Lopes recollerá coa súa cámara todo o encontro.